Domingo de hípica en Campañó
Por Diego Torrado
O hipódromo de Campañó foi escenario este domingo da sétima edición da gala hípica Virxe Peregrina, congregando un bo número de afeccionados ao mundo equino.
Ás 10:30 horas da mañá, un nutrido grupo de xinetes participou nun paseo a cabalo de case 20 quilómetros entre o hipódromo e Meis, pasando polo Monte Castrove e Poio.
Preto de 200 xinetes estaban inscritos para unhas actividades nas que tamén se incluíu un xantar de confraternización.
Ao termo desta foi momento pata o concurso morfolóxico de cabalos, eguas e poldros de raza árabe e española, no que os asistentes puideron observar preto dun cento de animais.
Entre os obxectivos da gala hípica encóntrase a intención de dar a coñecer a instalación de Campañó e abrila á cidadanía.