Semana galega de comercio xusto do Norte e do Sur en Pontevedra
Por Redacción
A semana do 16 ao 20 de xuño celebrarase a Semana Galega de comercio xusto do Norte e do Sur en Pontevedra, organizada polo Sindicato Labrego Galego e AMARANTE. Uníronse a recén nacida Asociación 4Ponlas (asociación de labregos e labregas, artesáns e organizacións sociais da comarca de Pontevedra) e a Asociación Boa Vida (organización de inclusión social).
As actividades queren visibilizar e animar a cidadanía da comarca a incorporar cada día máis hábitos de consumo responsable na súa vida cotiá.
ACTIVIDADES
Cine-forum sobre o téxtil. Casa das Campás ás 20:00
- Martes 16 xuño: "As costuras da piel" (2015): A través do documental debatirase sobre ferramentas de denuncia e iniciativas de presión para garantir salarios dignos e dereitos humanos nas nosas sociedades.
- Xoves 18 de xuño "Do we change it?" (2015): Debate si é posible a moda ética e presentaran MOV3: Galicia Viste. Consciente con iniciativas de roupa feita en Galicia
Sábado 20 de Xuño: mercado transparente.
- Praza do Teucro de 10.00-14.00 horas. Postos de produtos ecolóxicos das produtores da comarca, artesáns, unha taberna degustación dos produtos da comarca, música, e roupa feita en Galicia e de comercio xusto ecolóxica e de segunda mán
- Alfombras mandalas, feitas con refugallos de roupa. Falarase de onde está confeccionada a roupa e os salarios que reciben as traballadoras por ese traballo.