Comisións Obreiras gaña as eleccións sindicais no Concello de Pontevedra
Por Redacción
Case un terzo dos funcionarios do Concello de Pontevedra avalaron ao sindicato Comisións Obreiras nas eleccións sindicais que se celebraron este mércores. Logrou 109 dos 356 votos emitidos, o que se traduce en catro delegados na próxima Xunta de Persoal.
Catro delegados tamén terá AFUMPO, un colectivo de funcionarios que se presentaba por primeira vez a estas eleccións. No seu caso foron avalados por 98 compañeiros, principalmente entre o persoal administrativo.
A Xunta de Persoal completarase cos tres delegados de UGT (61 votos), os mesmos que logrou CIG, que queda con dous delegados porque o número tres da súa lista ten menor antigüidade que o de UGT. Queda fóra CSIF, que tan só sumou 17 votos.