Solicitan na Subdelegación a Declaración de Reparación e Recoñecemento da figura de Bóveda
Por Cristina Saiz
Membros do padroado da Fundación Alexandre Bóveda, con Valentín García Bóveda á cabeza, presentaron ante a Subdelegación do Goberno unha solicitude de Declaración de Reparación e Recoñecemento Persoal da figura de Alexandre Bóveda Iglesias. Unha intervención que ten como obxectivo anular e deixar sen efecto a sentenza que condenou a morte ao insigne galeguista, ditada por un tribunal ilexítimo composto por militares sublevados contra o réxime constitucional.
O neto de Alexandre Bóveda sinalaba que nesta data, que coincide cos 112 anos do nacemento do político galego aproveitaron para presentar esta solicitude amparados nun informe do alto comisionado da ONU, Pablo de Greiff, para crimes, vítimas de verdade, xustiza, reparación e non repetición no que se fai mención ao caso de Alexandre Bóveda no que se insta a asumir a rehabilitación pública e política de Lluís Companys, Manuel Carrasco i Formiguera, ademais do galeguista fusilado na Caeira.
Desta forma, a Fundación acóllese a unha lei de 2006 e agardan que sexa recoñecida a figura de Bóveda nun prazo máximo de 6 meses.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira pide a institucionalización do día 17 de agosto como Día da Galicia Mártir
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Fundación Alexandre Bóveda impulsa a creación dunha comisión sobre a Memoria Histórica no Parlamento galego
Por Redacción |
-
Homenaxe a Alexandre Bóveda coa mirada posta en poder celebrar o 'Día dos Mártires Galegos'
Por Natalia Puga |