Os cursos de verán da UNED, tamén por streaming
Por Redacción
Os cursos de verán da UNED chegarán entre o 1 e o 3 de xullo á súa 26 edición en Pontevedra con catro seminarios que abordarán disciplinas tan variadas como o dereito, a criminoloxía, a arterapía e a psicoloxía. Tres deles celebraranse no centro asociado que teñen no barrio de Monte Porreiro e o outro no centro penitenciario da Lama e todos eles poderán seguirse este ano, por primeira vez, online.
A directora da UNED en Pontevedra, Beatriz Rodríguez López, e o alcalde en funcións de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron este venres o convenio de colaboración anual entre ambas as dúas institucións, que supón unha subvención de 9.400 euros para realizar os cursos de verán. O Concello capitalino é a única institución que subvenciona esta actividade e a súa achega "es lo que nos permite seguir organizándolos".
Beatriz Rodríguez destaca que este ano todas as persoas que non poidan asistir a Pontevedra terán a oportunidade de presenciar de todos os xeitos todas as sesións por streaming e de interactuar a través dun chat. Tan só necesitarán unha conexión a Internet.
O curso 'Inestabilidad emocional y agresividad en la infancia y adolescencia: intervenciones positivas' abordará entre o 1 e o 3 de xullo as problemáticas máis frecuentes da etapa infantil e xuvenil dende o punto de vista dos trastornos interiorizados, a depresión, e os exteriorizados, agresión e consumo.
A actividade 'Igualdad, justicia y discapacidad' ten por obxecto a análise da protección dos dereitos das persoas con minusvalidez e contará como relatores co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Un dos relatores estrela da xornada será Alessandro Corbino, catedrático de Universidade e Defensor do cidadán de Catania, Italia.
'Tiempos de constante reforma penal' analizará algúns dos principais puntos de reforma do Código Penal que entra en vigor o mesmo 1 de xullo que comeza o curso. Entre os especialistas que pasarán pola UNED figuran expertos como o maxistrado do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, Xermán Castro Varela.
O curso que este ano se organizará no centro penitenciario da Lama leva por título 'Utilización de la arteterapia para la concienciación sobre roles de género'. Asistirán reclusos e persoas en liberdade.
Relacionadas:
-
A UNED de Pontevedra, un dos tres centros de España que mantén cursos de verán en centros penitenciarios
Por Redacción |
-
A UNED de Pontevedra aproba un presuposto de case dous millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, será a estrela dos cursos deste verán na UNED
Por Redacción |
-
Impulsan un curso universitario de astronomía en Cotobade
Por Redacción |