Zafarrancho de pequenas obras municipais
Por Redacción
A brigada municipal de obras co apoio do persoal contratado en función do Plan de emprego esta levando a cabo pequenas melloras en espazos urbanos.
Un deles é o encintado e reparación da prazoleta pegada ao Museo Torres, tratando de arranxar algúns danos e mellorar e axeitar o ámbito.
Ademais, por encarga da concellaría de turismo, está a realizar xa o acondicionamento en todas as praias, onde se están a realizar labores ante a chegada do bo tempo.
Xa dende hai algunhas semanas se procedeu á súa limpeza, baleirado de papeleiras, adxudicación dos quioscos, canoas en Portocelo e pedaletas en Mogor, e ás pequenas melloras que hai que realizar.
Unha delas é a varanda na Praia do Santo, praia que por primeira vez contará cunha bandeira azul este ano e que é necesario mellorar, para poder ter a disposición todos os servizos.
Finalmente tamén se procedeu á colocación de dúas mesas na Barriada de San Pedro que foran demandadas polos veciños, estes días realizaron tamén máis peticións para a mellora do tráfico e dos asadores que están neste ámbito, así como colocación de máis bancos.