Melloras en marquesiñas e parques infantís de distintos puntos de Marín
Por Redacción
A brigada de obras de Marín están acometendo durante estes días varias obras relacionadas con demandas veciñais. Nesta semana levouse a cabo a substitución da marquesiña de Pardavila por outra de maior tamaño, xa que alí hai un número importante de nenos que collen o transporte escolar. Tamén cambiaron a marquesiña da Bouza que se encontraba en moi mal estado. Os veciños trasladaran a súa petición para mellorar esa instalación á que só lle falta a colocación do cristal, ademais de pequenos detalles, co obxectivo de que estean dispoñibles ao longo dos próximos días.
Dende o concello de Marín tamén se ordenou á brigada de obras que acometese o encintado da Praza da Veiguiña, un espazo que se encontraba en mal estado.
Ademais durante estes días, estase a proceder ás melloras nalgunhas zonas onde había demanda de módulos para parques infantís, así como aparatos de ximnasia para maiores.
Instaláronse xa os módulos no Campo, na zona onde existían uns biosaudables, tratando de xerar unha zona demandada para os nenos, con elementos e caucho. Estes traballos realízanse a través dunha subvención de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.