A gardaría infantil de Príncipe Felipe abre o proceso de reserva de praza
Por Redacción
A Escola Infantil 0-3 anos da Cidade Infantil Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra, abrirá o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2015-2016 dende o luns 25 de maio ata o venres 5 de xuño.
Nese periodo, deberán presentar a documentación solicitada os alumnos matriculados no actual curso, os irmáns dos que estando matriculados na escola no actual curso renoven praza para o 2015-2016 e os fillos dos traballadores da Escola Infantil.
NOVO INGRESO E MATRÍCULA FINAL
Unha vez rematado ese periodo, en función do número de prazas que queden sen cubrir, entre o luns 8 de xuño e o xoves 2 de xullo abriráse o prazo de reserva de praza para as familias de novo ingreso que poden recoller o impreso de solicitude na propia Escola ou ben na web da Deputación.
Finalizado este segundo periodo, serán baremadas as solicitudes. A partir do luns 6 de xullo poderáse consultar o listado provisional de admitidos e excluidos ainda que o listado definitivo publicaráse a partir do 10 de xullo. Os alumnos que resulten admitidos poderán matricularse finalmente entre o luns 13 e o luns 27 de xullo.
HORARIOS E UNIDADES
A Escola Infantil Príncipe Felipe ofrece un horario de 7,30 da mañá ata as 22,30 horas os 12 meses. Permite conciliar a vida laboral e familiar para familias que traballan a turnos. A Escola ten 8 unidades e conta con 11 educadoras, unha persona de servizos xerais e unha directora.
Ofrece 115 prazas, sen contar outras 150 na unidade de primeira acollida, que supoñen un coste para a Deputación de 100.000 euros. Ofrece servizos de atención e coidado de nenos, comedor e servizo médico de urxencia.
Os usuarios da gardaría da Deputación pagan o servizo en función da renta familiar. As tarifas son en función do uso de comedor ou non e van dende os 20 euros (según o IPREM, renta por cabeza familiar mínima) ata os 250 euros (IPREM máximo).