A empresa Chupetes xestionará por 3 anos a escola infantil de Príncipe Felipe
Por Redacción
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a adxudicación á empresa Chupetes, por tres anos, a xestión do servizo da Escola Infantil, de 0 a 3 anos, que a institución provincial tén aberta na Cidade Infantil Principe Felipe.
A prestación do servizo financiaráse cos ingresos das tarifas dos usuarios e cunha subvención da Deputación que será unha porcentaxe equivalente ao 51% dos gastos de funcionamento da Escola.
A escola implantou o Plan Complementario Diurno. O centro ofrece un horario de 7,30 da mañá ata as 22,30 horas os 12 meses. Permite conciliar a vida laboral e familiar para familias que traballan a turnos.
A escola ten 8 unidades e conta con 11 educadoras, unha persona de servizos xerais e unha directora. Ofrece 120 prazas, sen contar outras 150 na unidade de primeira acollida, que supoñen un coste para a Deputación de 100.000 euros. Ofrece servizos de atención e coidado de nenos, comedor e servizo médico de urxencia.
Os usuarios da gardería da Deputación pagan o servizo en función da renta familiar. As tarifas son en función do uso de comedor ou non: van dende os 20 euros (IPREM, renta por cabeza familiar mínima) ata os 250 euros (IPREM máximo).