Sanxenxo abre expediente a un pub por incumprir a normativa de contaminación acústica
Por Redacción
A Xerencia Municipal de Urbanismo notificou a apertura dun expediente ao establecemento de lecer nocturno situado nas escaleiras da rúa Fuensanta Rodríguez, na vila de Sanxenxo, debido ao incumplimiento da Ordenanza Municipal de Protección do Medio Ambiente e contra a Contaminación Acústica.
Así o constatou o organismo autónomo durante a comprobación realizada entre o 25 de agosto e o 17 de decembro no sistema de vixilancia automática de actividades do Concello, que reflectiu anomalías que afectan ao sonógrafo, registrador e limitador que controlan o son neste local, que conta con licenza de pub.
Entre as incidencias detectadas destaca a falta de recepción dos datos destes aparellos ao longo de 12 días do mes de setembro, 6 en outubro, un en novembro e outro en decembro; ademais da desconexión do limitador en 6 ocasións, e a manipulación do controlador en 24 xornadas.
Cabo recordar que este establecemento foi obxecto o pasado mes de agosto dunha suspensión preventiva da súa actividade polo mesmo motivo e que se prolongou ata que o seu responsable presentou a certificación do correcto funcionamento da emisión dos aparellos, así como a recepción dos datos enviados ao sistema de inspección, emitida polo técnico de mantemento do dispositivo.
No pasado mes de agosto este pub foi obxecto dunha suspensión preventiva
Na resolución notificada ao titular do establecemento concédeselle un prazo de dez días de trámite de audiencia para consultar o expediente nas dependencias da Xerencia Municipal de Urbanismo. Á súa vez, no documento indícase a posibilidade de que o presunto responsable poida recoñecer voluntariamente os feitos, como dispón o Reglamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora.
O representante deste pub terá tamén un período de dez días para presentar as alegaciones que estime oportunas.