Comisións Obreiras pídelle a Louzán "creación de emprego en sectores productivos"
Por Oskar Viéitez
A Sección Sindical de Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra propuxo ao equipo de goberno, que preside Rafael Louzán, unha alegación-proposta ao orzamento 2013 para "crear emprego en sectores produtivos, nos que o custo de investimento sería compensado no futuro".
Fan esta proposta, segundo o portavoz deste sindicato, José Ramón Piñeiro, fronte a "os plans de emprego da Deputación que nos últimos anos van dirixidos a realizar un gran investimento que só teñen unha finalidade concreta: fomentar o clientelismo político a base de explotar as necesidades das familias".
Na súa iniciativa a sección sindical de Comisións Obreiras insta a Louzán e ao seu equipo de Goberno, a que os 7.3 millóns de euros que recolle o orzamento do ano 2013 para a contratación de persoal, "destínense a empregos con futuro para que poidan ter permanencia no tempo".
Entro outras propostas suxiren: aplicar programas para atención de necesidades básicas das persoas, liderar un proxecto de arrendamento de terras e montes abandonados, suprimir as subvencións a asociacións privadas, redactar un proxecto global de centro e proxecto educativo para Príncipe Felipe ou acometer melloras no Parque de Maquinaria que o faga máis competitivo.
Relacionadas:
-
A Deputación elaborará un novo catálogo de postos de traballo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP aproba en solitario o orzamento da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación reduce o seu orzamento para 2013 e destina 15 millóns para amortizar a súa débeda
Por Alejandro Espiño |
-
PP e PSOE enfróntanse pola débeda da Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |