Rafael Domínguez dá o 'si' a Jacobo Moreira e será o número 3 da candidatura do PP en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Pouco a pouco vanse desvelando os nomes das persoas que acompañarán a Jacobo Moreira á fronte da lista do Partido Popular en Pontevedra. Despois de coñecerse que Aurora Cañizares, actual directora do colexio Álvarez Limeses, será a número 2 da candidatura dos populares na capital da provincia, PontevedraViva puido confirmar que o médico Rafael Domínguez ocupará o terceiro posto da lista.
Con esta incorporación, Jacobo Moreira completa unha renovación absoluta nos postos de cabeza da súa candidatura con respecto á que presentou Telmo Martín en 2011.
A fichaxe de Rafael Domínguez Artime, que actualmente exerce como director médico do Grupo Hospitais Miguel Domínguez, non é unha sorpresa. Moitos especulaban con que Moreira ía contar con el despois de presentalo como a súa 'man dereita' á fronte do comité executivo local, no que ocupa o cargo de tesoureiro dende o pasado mes de xullo. Ten 38 anos e é especialista-xefe en Medicina Interna.
Jacobo Moreira ten previsto anunciar nuns días toda a súa candidatura. Será despois de reunir o comité electoral do partido e, en todo caso, antes do próximo luns 20 de abril, día no que se pecha o prazo para presentar as listas ante a Xunta Electoral.
En todo caso, fontes populares dan por segura a continuidade de actuais concelleiros do grupo municipal como María José Rodríguez Teso, César Abal, Ana Isabel Vázquez ou Beatriz García-Riestra e a incorporación de persoas que estiveron a colaborar intensamente co partido nos últimos meses como Tomás Abeigón ou José Luis Martín.
Relacionadas:
-
Moreira presenta, baixo a chuvia, a lista íntegra do PP: "Nosotros sí nos mojamos por Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira presenta os 15 postos de saída da súa lista, convencido de que todos sairán concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Aurora Cañizares acompañará a Jacobo Moreira como número 2 da candidatura do PP
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
"Pontevedra no la inventó Lores", o PP arroupa ao candidato Moreira para aprobar a súa "asignatura pendiente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira encara a carreira á Alcaldía de Pontevedra co reto de "devolverle el liderazgo económico"
Por Natalia Puga |