"Pontevedra no la inventó Lores", o PP arroupa ao candidato Moreira para aprobar a súa "asignatura pendiente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Máis de 500 persoas arrouparon este xoves a Jacobo Moreira na súa presentación pública como candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, "más de los que yo mismo pensaba", admitiu sen pudor o presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo.
Esta multitudinaria acollida tamén foi destacada nos seus discursos polo secretario xeral, Alfonso Rueda, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, que xunto a un gran número de cargos públicos do partido (alcaldes, deputados, conselleiros, etc) que acudiron á cita.
O presidente da Deputación foi o encargado de acender a precampaña dos populares cunha mensaxe clara "ou o PP ou o caos", estas son, segundo o seu criterio, "ás dúas únicas opcións que teñen os cidadáns".
No mesmo ton continuou Rueda quen afinou máis o destino das súas críticas apuntando que "Pontevedra no la inventó Lores" e afirmou que a melloría da cidade é "mérito de todos" engadindo que "sin embargo mientras el resto de las ciudades van progresando, Pontevedra se queda atrás y va perdiendo todos los trenes". Por certo, que o vicepresidente da Xunta negou que o Concello entregase os terreos para construír o novo edificio xudicial na Parda "sigue sin dársenos, no es verdad", espetou.
Rueda tamén se referiu ao resto de adversarios políticos locais, por exemplo de María Biempica dixo que "no tiene principios" e de Marea Pontevedra indicou que "no se aclaran ni ellos, que son de Podemos sin decir que son de Podemos, son de los cabreados del Bloque o de los de Izquierda Unida que están sin padre ni madre". De todos eles destacou que "solo esperan poder unirse con Lores si les hace falta".
Sen dúbida Alfonso Rueda foi o máis cañeiro, nun ton que contrastou co empregado por Núñez Feijóo, moito máis apagado e teórico, con permanentes referencias á política nacional.
O presidente dos populares de Galicia deixou un reto ao resto de forzas políticas: "que gobierne la lista más votada".
DISCURSO DE MOREIRA
A idea base de "Darle la vuelta a Pontevedra", foi o leitmotiv que centrou a intervención do candidato do PP á alcaldía da capital.
Agradecido pola gran presenza de público no salón do Hotel Galicia Palace, Moreira anunciou que a súa "obsesión" o seu "principal objetivo" se logra a alcaldía será "conseguir el premio más importante para Pontevedra, el del empleo".
Ao igual que fixeron o resto de oradores, o candidato popular, sinalou que a cidade do Lérez sofre unha taxa de paro próxima ao 30%. "Nuestro alcalde se volcó en buscar premios por tener bonita la casa, pero descuidó los cimientos. Y amigos, la casa se tambalea", engadiu.
Deseguido leu algunhas das propostas do seu programa electoral no que destaca a implantación dun bus urbano e intentar poñer en marcha o transporte metropolitano.
Ademais prometeu elaborar un plan de mellora integral da zona monumental e a instalación dunha rede de carril bici por toda a cidade, así como completar o saneamento no rural, facer unha aposta firme polo deporte e a creación dunha gran biblioteca municipal, entre outras ideas.
Asegurou que quere "mantener y potenciar" a peonalización "pero con un plan especial, en el que todo el mundo pueda participar y opinar". "Vengo con vocación de construír, no de destruír", concluíu Moreira entre aplausos, para engadir " Viva Pontevedra! ".
Relacionadas:
-
Moreira presenta os 15 postos de saída da súa lista, convencido de que todos sairán concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rafael Domínguez dá o 'si' a Jacobo Moreira e será o número 3 da candidatura do PP en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Un emocionado Pablo Fernández confirma que non repetirá na lista do PP
Por Alejandro Espiño |
-
Aurora Cañizares acompañará a Jacobo Moreira como número 2 da candidatura do PP
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Núñez Feijóo anima os alcaldables do PP a conquistar o "voto do orgullo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Afundación reconsidera a súa postura e prestará o seu auditorio ao PP
Por Oskar Viéitez |
-
Borja Sémper (PP): "En Pontevedra viene bien que entre gente nueva, no tan aburguesada"
Por Natalia Puga |
-
Pontevedreses, Moreira fálavos a través de YouTube
Por Redacción |
-
Moreira: "Todos os problemas que sofre Pontevedra na actualidade teñen data de caducidade, o vindeiro mes de maio"
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira desvelará en marzo a súa postura "contundente" sobre o futuro de ENCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |