A Festa da Raia despacha 3.865 degustacións
Por Oskar Viéitez
A Festa da Raia de Portonovo pechou a XXI edición despachando un total de 3.865 degustacións, sendo o "prato estrela" a raia en caldeirada, aínda que se abriron un oco moi importante a paella e o cornete de raia frita.
Dende a organización informaron que a posibilidade de elixir un menú degustación, que incluíu tres pratos, foi moi aplaudida entre o público que asistiu á festa que deste modo puido probar distintas preparacións, cuestión que se valora, dende a organización, como acertada.
Estas mesmas fontes sinalaron que máis de 5.000 persoas se achegaron á carpa "superando ás expectativas plantexadas pola organización da festa e as empresas encargadas da cociña do grupo Xantalia e Piscaretes"
O encanto desta vila mariñeira viuse complementado coa Festa da Raia e todas as actividades paralelas realizadas nesta Semana Santa, facendo que Portonovo se convertira nunha cita obrigada para moitos dos visitantes que elexiron as Rias Baixas para pasar estes días festivos.