Abren xuízo oral por malversación contra o alcalde de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez
O xulgado de instrución número 1 de Caldas de Reis decidiu este mércores sentar no banco ao alcalde deste municipio, o socialista Juan Manuel Rey, por un suposto delito de malversación de fondos públicos vinculado ao pagamento dunha multa urbanística por non derrubar un edificio na rúa Real con sentenza firme. En concreto, acúsaselle de ter aboado dúas multas por negarse a acatar unha orde de derrubamento con fondos públicos.
Ante esta decisión, PontevedraViva púxose en contacto con Juan Manuel Rey que declarou que "me da la sensación de que en la vista del pasado día 17 asistí a un paripé de la Justicia".
Segundo o rexedor caldense "la decisión estaba tomada de antemano y me hicieron perder el tiempo porque aquello no valió absolutamente para nada", dixo en referencia á audiencia preliminar celebrada para decidir se se abría ou non xuízo oral.
"Los testimonios fueron claros de que yo no estaba en España ni tenía nada que ver con aquella decisión", insistiu. "En cualquier caso tanto tanto el fiscal como la jueza ya tenían tomada su decisión. Se rieron de nosotros", asegurou Rey, que se remitiu a unha rolda de prensa que vai dar o próximo luns para ampliar estas declaracións e aclarar cal vai ser o seu futuro político xa que o código ético do PSOE impide a Juan Manuel Rey presentarse á reelección por este partido ante a apertura do xuízo oral.
Dende o Partido Socialista comunicaron a PontevedraViva que serán "totalmente respectuoso coas decisións da Xustiza, sexan as que sexan".
Á volta das vacacións de Semana Santa reunirase os órganos do partido para tomar as decisións oportunas.
Relacionadas:
-
Arquivo provisional da causa contra o alcalde de Caldas por malversación
Por Redacción |
-
A Audiencia devolve ao xulgado instrutor a causa contra o alcalde de Caldas por malversación
Por Redacción |
-
Dictan un novo auto de apertura de xuízo oral contra o alcalde de Caldas
Por Redacción |
-
Juan Manuel Rey gaña o 'pulso' con Besteiro e será o candidato do PSdeG-PSOE en Caldas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Besteiro recorda ao alcalde de Caldas que no PSdeG "hai un código ético que non podemos ignorar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Juan Manuel Rey presentarase ás eleccións en Caldas, con ou sen o PSOE
Por Redacción |
-
Un veciño pide o xulgado que investigue o alcalde de Caldas por suposta prevaricación e malversación
Por Natalia Puga |