Unanimidade política en Pontevedra: a fusión das Cámaras de Comercio é por "supervivencia"
Por Alejandro Espiño
O anuncio de fusión entre as Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, realizado na tarde do mércores, causou relativa sorpresa nos partidos políticos pontevedreses. Todos eles coinciden en destacar que o paso dado polas tres institucións empresariais se produce por unha cuestión de "supervivencia" e sinalan que o importante é que se manteña a actividade cameral na cidade.
O concelleiro do BNG, César Mosquera, -que falou en nome do alcalde-, sinalou que esta fusión esa "previsible" tras a lei aprobada en 2010 que supuxo unha "case unha sentenza de morte" para moitas destas cámaras empresariais. Todo complicado, dixo, no caso de Pontevedra polas "complicacións e guerras internas" e os "múltiples" procesos xudiciais nos que se viu envolvida nos últimos anos.
Mosquera entende que esta fusión se leva a cabo por "instinto de supervivencia", aínda que afirmou que "a ver se o conseguen". Adiantou que dende o Concello de Pontevedra "faremos todo o posible" para que a capital manteña a sede da Cámara de Comercio, aínda que criticou que o seu actual presidente, Eduardo Barros, "non falara co alcalde desta cuestión". Todo foi, dixo, un proceso "discreto" aínda que engadiu que "por non ir máis alá" na súa cualificación.
Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, celebrou esta fusión das tres cámaras, xa que axudará, apuntou, a que as empresas pontevedresas "sigan contando con los servicios" da Cámara. A de Pontevedra "estaba en una situación complicada", sinalou, e con esta decisión "esta sede estará garantizada para el futuro", xa que afirmou que o importante nestes tempos é "tratar de unir y no de separar".
Máis alá de onde se sitúe a sede deste novo organismo -que segundo apuntan será Vigo, quedando Pontevedra e Vilagarcía como sedes territoriais-, Moreira insistiu en que a Cámara debe centrarse nas súas actividades e "atraer inversiones del exterior". Neste sentido, asegurou que ten que ser o "brazo empresarial" do concello e propuxo "tender puentes" con este organismo para traballar de forma conxunta na busca de oportunidades laborais.
Por último, o socialista Agustín Fernández tamén destacou que "todo lo que sea unir esfuerzo está bien", xa que en Galicia "tenemos la costumbre de la dispersión". De aí que reiterase que a fusión é unha "bunea decisión". Con todo, sinalou que "soy bastante escéptico al valor de las cámaras como tales", e entende que dado o nivel de asociacionismo que teñen actualmente as empresas "no tienen excesivo recorrido".
Relacionadas:
-
A Cámara de Comercio fusionada estreará novo pleno sen necesidade de eleccións
Por Natalia Puga |
-
A Xunta require a Cámara de Comercio que convoque ao Pleno de xeito extraordinario para aprobar a fusión
Por Oskar Viéitez |
-
As Cámaras de Comercio de Pontevedra e Vilagarcía conservarán traballadores e sede tras a fusión
Por Natalia Puga |
-
A Xunta 'bendice' a fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Acordo para a fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Por Redacción |