O Pavillón da Laxe poderá seguir empregándose malia a caída da parede dun almacén próximo
Por Redacción
A caída dunha das paredes dos almacéns que circundan o Pavillón da Laxe durante a tarde deste martes 3 de marzo obrigou a que técnicos da Consellería de Educación, acompañados da dirección do centro educativo da Laxe, técnicos e operarios municipais, ademais da concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social de Marín, Marián Sanmartín, analizasen durante esta xornada as actuacións que se terán que acometer nesta zona.
As instalacións encóntranse moi pegadas ao río e, segundo o goberno local, será necesario demolelas case con total seguridade. Afirman que, non obstante, o pavillón pode seguir utilizándose e non quedarán abertos ao uso os almacéns onde se gardaban materiais que eran utilizados polo centro escolar e para a realización de distintas actividades extraescolares.
Os técnicos están a estudar as actuacións para poder contar cunha valoración das obras que de xeito urxente será necesario acometer para protexer o pavillón. O goberno local indica que no momento en que se realice a avaliación se executarán os traballos no menor tempo posible coa previsión de reforzar con formigón a construción das estacas do pavillón que garantan a seguridade.
Esta situación resulta similar á acontecida no colexio de Sequelo e que se solucionou sen incidencias, ao igual que tamén sucedera, noutra ocasión, no propio colexio da Laxe.
Relacionadas:
-
Case 50.000 euros para reformar os vestiarios do Pavillón do Sequelo
Por Redacción |
-
Ultiman as obras de reforma que se están a realizar no CEIP A Laxe
Por Redacción |
-
Novo asfaltado para O Casal e o Colexio Sequelo, o Pavillón da Laxe terá que esperar
Por Oskar Viéitez |
-
Demolición do almacén e un muro no colexio da Laxe
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Marín presenta unha moción para que se canalice o leito do río detrás do Pavillón da Laxe
Por Redacción |