A depuradora do polígono de Barro-Meis terá un custo de 1,2 millóns
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, a licitación dunha depuradora para o polígono industrial de Barro-Meis por 1,2 millóns de euros. A nova depuradora ubicaráse na parcela número 41 do polígono, que tén unha superficie de 1.973 metros cadrados.
Segundo informou en roda de prensa o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, nas condicións da licitación figura que deberá ser unha planta de depuración con capacidade ampliable no futuro. E establécese que o caudal medio diario actual será de 23,8 metros cúbicos por hora e o caudal punta de horario actual de residuais de 80,2 metros cúbicos por hora. No futuro, a planta deberá posibilitar caudais medio diario de 47,6 metros cúbicos por hora e un caudal punta horario de 160,5 metros cúbicos por hora.
A realización da obra é precisa pola radicación en Barro-Meis dun importante número de empresas, que se incrementa coa compra por parte de Supermercado Froiz de 16 parcelas e 75.194 metros cadrados.
Figueroa destacou o interese crecente dos empresarios por este polígono industrial como demostra as frecuentes chamadas que atenden os técnicos provinciais de persoas que preguntan polo prezo do chan en Barro Meis.
Na actualidade, o polígono tén ocupados máis do 50% do seu chan industrial. Como novas empresas se interesaron polas parcelas, a Deputación ten aberto un periodo de enaxenación directa de parcelas ao prezo de 105 euros o metro cadrado. Este prezo era antes de 125 euros o metro cadrado. A Deputación oferta unha superficie aproximada de 130.000 metros cadrados.
Relacionadas:
-
A "herencia recibida" atasca o desembarco de Froiz en Barro-Meis
Por Oskar Viéitez |
-
Estrella Galicia adquire dúas parcelas no polígono industrial de Barro-Meis
Por Redacción |
-
O Concello de Barro cederá a Froiz o uso de varios viais do polígono
Por Redacción |
-
Desbloquean o proxecto do centro loxístico de Froiz para o polígono de Barro-Meis
Por Oskar Viéitez |
-
O edificio de servizos de Barro-Meis estará en funcionamento a principios de 2016
Por Redacción |
-
O viveiro de empresas de Barro-Meis albergará a 16 emprendedores dende finais do verán
Por Redacción |
-
Piden que os veciños de Barro poidan utilizar o Centro de Servizos e Apoio Empresarial da Deputación
Por Redacción |
-
Así é o proxecto de Froiz para Barro Meis
Por Redacción |
-
Froiz prevé aumentar entre un 20 e un 30% o seu persoal co seu novo centro operativo en Barro-Meis
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga & Mónica Patxot |