A "herencia recibida" atasca o desembarco de Froiz en Barro-Meis
Por Oskar Viéitez
Nada se moveu aínda, desde que foi presentado en decembro de 2014, o proxecto dun gran centro loxístico do Grupo Froiz no polígono de Barro-Meis.
Lembremos, que segundo se anunciou, con este investimento Froiz aumentará o seu persoal máis dun 20% xa que está previsto que unhas 500 persoas traballen neste centro operativo que tamén albergará un establecemento comercial e un centro loxístico para a súa frota de camións.
Que pasou durante todo este tempo? Segundo explicou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o proxecto de Froiz "está en marcha xa, moi pronto asinaremos tamén o convenio con esa empresa".
O problema foi, segundo Carmela Silva, que "como todo o que herdamos", o actual goberno provincial despois de asumir o relevo do equipo presidido por Rafael Louzán "atopámonos con serias dificultades" porque o anterior goberno "tiña o malo costume, o irregular costume, o ilegal costume de non pedir os informes preceptivos a outras administracións".
Así no caso de Froiz, segundo afirmou a presidenta, cando quixeron dar licenzas en Barro Meis non se puideron dar "porque faltan os informes preceptivos e todo iso témolo que arranxar".
MULLERES EMPRENDEDORAS
Pola súa banda, a presidenta da Deputación asinou este luns con "enorme satisfacción" o contrato de tres novos viveiristas no polígono de Barro-Meis.
Ademais da promoción da actividade económica que este acto supón, Carmela Silva destacou que estas tres oficinas van estar rexentadas por mulleres, subliñando a "importancia de que as mulleres ocupemos un ámbito tan importante da economía".
Tamén puxo en valor que a actividade á que se dedican estas novas empresas está centrada no mundo rural, polo que a alegría da presidenta, segundo dixo, era aínda maior.
Relacionadas:
-
Froiz espera abrir o seu novo centro loxístico en "dous ou tres anos"
Por Redacción |
-
Desbloquean o proxecto do centro loxístico de Froiz para o polígono de Barro-Meis
Por Oskar Viéitez |
-
O viveiro de empresas de Barro-Meis albergará a 16 emprendedores dende finais do verán
Por Redacción |
-
A depuradora do polígono de Barro-Meis terá un custo de 1,2 millóns
Por Oskar Viéitez |
-
Así é o proxecto de Froiz para Barro Meis
Por Redacción |