Unha nova glorieta eliminará un punto negro do cruce da Goulla
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, informou este martes que a construcción da glorieta no cruce da estrada autonómica Pontevedra-Vilagarcía coa EP Lois-A Goulla, que eliminará un punto negro vial, estará rematada e operativa na primeira quincena do mes de marzo.
As obras se están a realizar mediante un convenio entre a Xunta e a Deputación. Louzán visitou acompañado polo alcalde de Meis, José Luis Pérez, o delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, e técnicos.
Na súa visita definironse as zonas nas que se poderá aparcar, as liñas de peche e a instalación de canalizacións que se levarán a cabo sin interrumpir o tráfico. Según explicou Louzán, nun primeiro momento instalaráse unha rotonda provisional, para acostumar ao tráfico, e logo a definitiva con isletas e bordillo.
"A previsión é que na primeira quincena de marzo, a glorieta estea totalmente operativa e se poida eliminar este punto negro das estradas provinciais", dixo.
Na actualidade, o problema de seguridade vial neste punto deriva de que, a pesar de existir un carril central de espera, tiveron lugar recentemente varios accidentes de tráfico debido a alta intensidade de tráfico das dúas estradas. Para solucionar o problema, a Deputación e a Consellería de Obras Públicas asinaron un convenio para construir unha glorieta que canalice as diferentes conexións.
ALTA INTENSIDAD DE TRÁFICO
Hoxe, o tráfico que circula pola estrada provincial debe, inexcusablemente, incorporarse á estrada autonómica nun tramo en curva con pouca visibilidade. O problema é a incorporación de ou hacia á estrada provincial. Non se trata dun problema de circulación pola estrada autonómica, senón que se xenera cando se producen xiros hacia á estrada provincial.
A estrada Pontevedra-Vilagarcía tén unha intensidade de tráfico de 19.942 vehículos ao día, máis que moitas autovías e autopistas de España. O 9% do seu tráfico é pesado. Pola súa banda, a vía provincial, A Goulla-Meis, soporta 4.143 vehículos diarios, o 7,5% deles de vehículos pesados.
Relacionadas:
-
A Xunta mellora a seguridade viaria en dúas glorietas das localidades de Cambados e Ribadumia
Por Redacción |
-
Os veciños reclaman un paso de peóns na Goulla
Por Redacción |
-
Unha muller queda atrapada ao encaixarse co seu turismo contra un tráiler en Meis
Por Redacción |
-
Agustín Hernández despídese de Pontevedra anunciando melloras na estrada PO-531
Por Redacción |
-
Un condutor resulta ferido nunha espectacular saída de vía na recta da Goulla, en Meis
Por Redacción |