Fitur, escenario para promover a fidelización de turistas procedentes de Alemaña, Reino Unido e Noruega
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou en Fitur un convenio coa Fundación EOI, Turespaña e as deputacións de Málaga e Toledo para desenvolver conxuntamente con empresas do sector turístico un programa de fidelización do turista dos mercados internacionais de Alemaña, Reino Unido e Noruega. Este proxecto servirá para concretar o modelo tecnolóxico, o de servizos e o xurídico do programa para conseguir que se produza un seguimento do turista que beneficiará tanto ás empresas participantes como ao turista que selecciona a España como destino para pasar os seus días de descanso.
O sistema no que tamén se implica a Deputación provincial xerará créditos aos turistas que consuman bens e servizos de todas as empresas colaboradoras. Eses créditos poderán conseguirse tanto nos países de orixe como no de destino e só poderán cambiarse por bens e servizos en España. Con esta formulación búscase, entre outros aspectos, aumentar o número de visitas, mellorar a imaxe destes ámbitos turísticos fronte a outras áreas competidoras e tamén incrementar o gasto medio dos visitantes.
DOUS LIBROS SOBRE A PROVINCIA
Rafael Louzán presentou tamén este venres 30 dous libros sobre espazos naturais e praias das Rías Baixas e sobre as festas de interese turístico que se celebran na provincia. O presidente provincial destacou os sinais de identidade turística das Rías Baixas e recordou un texto do xornalista recentemente falecido, José Luis Alvite. Louzán resaltou a Sanxenxo como o concello que leva sendo líder ininterrumpido en España dende hai 11 anos na concesión de Bandeiras Azuis.
PRESENTACIÿN DE ATREGA
En Fitur tamén se presentou publicamente á asociación pioneira de almacenistas de viaxes de Galicia, ATREGA. Unha gran parte deles pertencen á provincia de Pontevedra.
Louzán destacou que ATREGA abrangue o 98% do mercado de touroperación de Galicia, con máis de 1 millón de clientes touroperadores e factura máis de 150 millóns anuais con turistas procedentes de 20 países emisores do mundo.
Relacionadas:
-
As Rías Baixas presumen da calidade da súa oferta turística
Por Redacción |
-
As Rías Baixas conquistan o corazón de Madrid
Por Marcos del Río |
-
O sector turístico pontevedrés recolle en Fitur os seus distintivos 'Q de Calidade'
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas negociará en Fitur co Imserso para captar máis visitantes en tempada baixa
Por Oskar Viéitez |