A Fiscalía pide que o banco devolva aos clientes o diñeiro que anticiparon para pisos que nunca lles entregaron
Por Natalia Puga
O fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra entende que a entidade bancaria Abanca, como sucesora das antigas Caixagalicia e Caixanova e NCG Banco, debe devolver o seu diñeiro a unha serie de clientes que compraron vivendas a unha construtora que agora está en concurso de acredores e que nunca chegaron a recibir as propiedades. Os compradores achegaron todo o prezo dos pisos ou unha parte deles, pero non puideron chegar a entrar a vivir neles nin se lles devolveu o diñeiro achegado.
O fiscal Augusto Santaló manifestou este criterio nun informe achegado ao concurso de acredores da empresa de Lalín Construcciones Construsilva S.L., que está en tramitación no Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra. No seu escrito, o representante do Ministerio Público adhírese ao informe da Administración concursal, que cre que o concurso debe ser cualificado como culpable.
ÿ a primeira vez que un fiscal formula un informe nestes termos en Galicia
A solicitude do fiscal baséase nunha sentenza neste sentido ditada pola Audiencia Provincial de Burgos en xaneiro de 2014. ÿ a primeira vez que se formula un informe nestes termos en Galicia e, de prosperar, serviría para sentar xurisprudencia e abriría unha porta a ao esperanza a centos de persoas que viron enterrados os seus aforros no ladrillo ao chegar a crise e empezar a caer as construtoras. Ata agora víanse imposibilitados para reclamar danos ás empresas porque se declaraban en creba ou entraban en concurso, pero con esta nova vía poderían reclamar como responsables os bancos.
O fiscal mantén que posteriormente ás vendas e percepción dos prezos, a concursada costituyó garantías hipotecarias coas antigas Caixanova e Caixagalicia, "prexudicando seriamente os dereitos dos compradores, que se viron na imposibilidade de recuperar o seu diñeiro". As promocións non remataron nin se entregaron.
Abanca sería a responsable das responsabilidades adquiridas por Caixanova e Caixagalica como entidades que financiaron con créditos hipotecarios á empresa concursada porque "as entidades bancarias eran coñecedoras cando realizaron os préstamos hipotecarios da existencia de contratos privados de venda e da etrega de cantidades anticipadas".
Engade o fiscal que Abanca tamén é sucesora da responsabilidade contraída polas extintas caixas galegas porque "eran coñecedoras da situación de crise da concursada e non obstante decidiron financiala, con redistribución do importe dos créditos entre os pisos de maneira que o importe destes superaba o prezo de venda".
Segundo indica o representante do Ministerio Público, as entidades bancarias non esixiron ou comprobaron que a promotora constituíse os avais esixidos pola Lei 57/68. Por todas estas circunstacias anteriormente sinaladas, Abanca deberá devolver o importe das cantidades anticipadas polos compradores e non recuperadas.