O restaurante Corinto de Alba, galardoado co Premio de gastronomía de Galicia
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Nieves Ucha Caramés propietaria do Restaurante Corinto de Alba gañou o Premio de Gastronomía de Galicia na modalidade "Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega" que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na cociña.
O Restaurante Corinto é un restaurante de elaborada e estrita cociña tradicional galega, que sempre destacou pola calidade dos seus mariscos e peixes da ría. A súa traxectoria de dedicación ao sector hostaleiro e alimentación arrancou hai máis de 90 anos, aínda que no ano 1975 adoptou a actual configuración e denominación de Restaurante Corinto. Na actualidade é a cuarta xeración a que continúa ofrecendo pratos da cociña tradicional galega.
O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado do concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, presidiu o xurado dos premios, que contou coa presenza do subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Luis Sierra Rial.
Tamén estiveron presentes no xurado os representantes das asociacións: "Amigos da Cociña Galega", "Club Gastronómico Rías Altas", asociación gastronómica "Xantares", Eurotoques, Lareira e Xantares; Asociación Grupo Nove Gastronómico e Manuel García do restaurante "A Costiña".
A entrega dos XXI de Gastronomía de Galicia, organizados polo Concello de Lalín en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia terá lugar na Gala de Gastronomía de Galicia que se celebrará o venres, 6 de febreiro, no Lalín Arena e que será retransmitida en directo pola TVG.