O centro de saúde de Marín xa ten licenza municipal
Por Redacción
A construción do novo centro de saúde de Marín ten vía libre. A Xunta de Goberno Local celebrada este xoves outorgou por unanimidade dos membros a licenza municipal para a obra. O Concello recoñece que o proceso "foi longo e complexo", pero se felicita de que "se pode dicir que dende hoxe se dá o pistoletazo de saída da conta atrás para a súa construción".
Un total de 17 empresas e UTEs presentaron oferta para a construción deste centro. Unha vez que a obra xa ten licenza, o Servizo Galego de Saúde ten un prazo de 17 meses para a súa construción e, segundo o Concello, a Mesa de Contratación formalizará a adxudicación provisional nos próximos días.
O Concello prevé que a obra se adxudique en breve e aplaude que se fixera "o máis difícil", que era encontrar seis millóns de euros en época de crise e ter a seguridade xurídica dende o punto de vista urbanístico e dos servizos necesarios que vai ser así.
O outorgamento desta licenza chega despois de múltiples acordos plenarios que permitiron a desafectación dos terreos, a posterior cesión da parcela e a modificación puntual do plan urbanístico municipal, todos eles aprobados por unanimidade de todos os grupos da Corporación Municipal.
Relacionadas:
-
Adxudican a Dragados a construción do centro de saúde de Marín por 5,2 millóns de euros
Por Redacción |
-
Asemblea sobre o futuro do novo centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
Demandan a construción do novo Centro de Saúde en Marín
Por Redacción |
-
Que tipo de xestión debería ter o novo centro de saúde de Marín?
Por Redacción |
-
O Sergas destinará máis de seis millóns á construción do Centro de Saúde de Marín
Por Redacción |
-
O novo centro de saúde de Marín estará en funcionamento en 2015
Por Redacción |