Adxudican a Dragados a construción do centro de saúde de Marín por 5,2 millóns de euros
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde adxudicou á empresa Dragados a construción do novo centro de saúde de Marín por un importe de 5,2 millóns de euros e un prazo de execución de 14 meses. A actuación estará cofinanciada ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013.
A noticia deuna a coñecer a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, durante unha visita ao novo centro de saúde de Carballedo (Cotobade). Unha vez feita pública, dende o concello cualificárona como "unha boa noticia" que "estaba sendo esperada" desde que o mes pasado a Xunta de Goberno local outorgou licenza municipal ao proxecto presentado e supervisado polo Servizo Galego de Saúde, que conta con todos os informes favorables.
Os espazos máis importantes recollidos no programa funcional do centro son, na área de medicina xeral e enfermería, 12 consultas de medicina xeral, 11 de enfermería, unha para docencia, unha polivalente, un despacho para o traballador social, unha consulta de telemedicina, unha sala de tomas de mostras, outra sala de técnicas, unha consulta de odontoloxía, outra para hixiene dental, outra de farmacia, unha sala de raios X compartida co PAC, unha consulta da muller, unha para a matrona, unha sala de educación para a saúde, unha sala para fisioterapia con catro cabinas de tratamento, unha consulta de fisioterapia, un despacho para xestión e outro para o coordinador.
Na área de pediatría, haberá catro consultas de pediatría, unha polivalente de pediatría e catro de enfermería pediátrica. Na área de urxencias (PAC), haberá tres consultas de medicina xeral, dúas de enfermería, tres dormitorios para o persoal de garda, unha sala de críticos e unha sala de observación.
Relacionadas:
-
O novo centro de saúde de Marín colle altura
Por Redacción |
-
Ultiman os preparativos para o inicio da construción do novo centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
De visita ao futuro centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
Marín executará obras no ámbito do río Lameira para facilitar a construción do centro de saúde
Por Redacción |
-
O centro de saúde de Marín xa ten licenza municipal
Por Redacción |
-
Asemblea sobre o futuro do novo centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
Que tipo de xestión debería ter o novo centro de saúde de Marín?
Por Redacción |