Estiman que cada pontevedrés gastará 59,3 euros na lotaría de Nadal
Por Redacción
Case sesenta euros por persoa. ÿ o que se gastará cada pontevedrés en comprar décimos para participar no tradicional Sorteo de Nadal da Lotaría Nacional. Así se desprende das cifras de consignación por habitante que se fixeron públicas por parte de Loterías y Apuestas del Estado (LAE), entidade que promove este sorteo.
Trátase dunha cantidade estimativa, xa que este dato non será definitivo ata que se reciban as devolucións de boletos non vendidos, o próximo 21 de decembro.
Os 59,3 euros que, como media, cada pontevedrés investirá en décimos corresponden ás estimacións de venda que fai Loterías y Apuestas del Estado á hora de enviar os boletos ás administracións de lotaría, aínda que máis tarde sempre hai unha proporción de décimos que quedan sen vender.
Esta cantidade estimativa é lixeiramente inferior que a media nacional, que este ano se situou en 61 euros por persoa.
En toda Galicia, Loterías y Apuestas del Estado considera vender décimos por valor de 164,1 millóns de euros. Sería a sexta comunidade autónoma cun maior gasto neste Sorteo de Nadal.