Iván Liu Zhu, alumno do Carlos Oroza, campión do Concurso Nacional de cociña con Xata Roxa
Por Redacción
Iván Liu Zhu, un novo alumno do Centro de Hostalaría Carlos Oroza, situado nas instalacións da cidade infantil Príncipe Felipe, converteuse no campión do Concurso Nacional de cociña con Xata Roxa que se desenvolveu durante este venres 21 de novembro no concello de Mieres, en Asturias.
Trátase dun estudante de segundo curso do Centro integrado de Formación Profesional de Hostalaría-Turismo e Industrias alimentarias que logrou vencer aspirantes doutras 28 escolas que se presentaban ao concurso.
O concurso forma parte das primeiras Xornadas de Xata Roxa, que se celebran no municipio asturiano coa participación de máis de vinte restaurantes.
Xata Roxa é unha marca amparada pola Indicación Xeográfica Protexida "Tenreira Asturiana", que protexe a carne producida en Asturias sobre a base das razas autóctonas.
Relacionadas:
-
Os alumnos da Escola de Hostelería Carlos Oroza saen ao monte na procura de cogomelos
Por Redacción |
-
Cociña asturiana cun 'toque' pontevedrés, menú do Carlos Oroza para os premios Príncipe de Asturias
Por Alejandro Espiño |
-
Os alumnos do Carlos Oroza "quentan motores" para servir un buffet aos Reis
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |