Alumnos de FP da Xunqueira I reparten tarxetas para sensibilizar sobre a violencia machista
Por Diego Torrado
A publicidade da campaña contra a violencia machista desenvolvida polo Concello de Pontevedra chamou a atención de diversos medios de comunicación estatais ao utilizar as palabras "puta, burra e porca" como reclamo e que serve para denunciar os precedentes utilizados en moitas ocasións antes de que se produza unha acción violenta contra a muller.
Ao longo da próxima semana están previstas diversas actividades para sensibilizar as mulleres e as persoas que coñecen casos de violencia de xénero no seu ámbito coa intención de que denuncien os casos.
Un grupo de estudantes do instituto de FP A Xunqueira I sumáronse á campaña levando a cabo este venres unha repartición de tarxetas nas que se explica que a violencia machista nunca empeza por unha malleira. Os mozos continuarán durante a próxima semana traslando información polo centro da cidade e anunciando os actos que comezarán o luns 24 coa lectura dun manifesto e a presentación da Asociación de Mulleres no Teatro Principal continuará o martes 25 con concentracións na Praza 8 de Marzo e que seguirán desenvolvéndose ata o domingo 30 coa presentación da montaxe teatral, Ramón, Ramón no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Calor humana para as vítimas de violencia de xénero fronte á frialdade da Administración
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Axenda de actos polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción |
-
Aproban o III Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Encontro Autonómico de Mulleres con capacidade, marcado pola loita contra a violencia machista
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
'Puta, porca, burra', a violencia machista nunca empeza por unha paliza
Por Redacción |