Entrega de chaveiros en Marín contra a violencia de xénero
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada da concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín e de representantes do Consello Municipal da Muller, fixeron entrega durante este xoves de material elaborado para a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Esta iniciativa pretende sensibilizar e previr contra esta eiva social para o que se repartiron máis de 1.000 chaveiros, xunto cun programa dos actos conmemorativos deste ano, que inclúen a campaña Mans Violetas polos centros educativos e comercios de Marín.
O 25 de novembro ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello levarase a cabo a entrega dos Premios Lazo Violeta que nesta edición recaen no Estamento Xudicial e a Avogacía, como recoñecemento polo seu labor profesional na loita contra a violencia de xénero.
O 28 de novembro tamén se representará a obra de teatro Tacóns na Corda no Instituto Illa de Tambo dentro dos actos previstos dentro desta campaña. Tamén no Museo Municipal 'Manuel Torres' permanecerá aberta do 2 ao 15 de decembro a exposición 'Cartas de Amor: 14 artistas contra a Violencia de Xénero'.
Relacionadas:
-
14 artistas do comic, contra a violencia de xénero no Museo Manuel Torres
Por Redacción |
-
A pegada da violencia de xénero na cidade: sen cambios en 2014
Por Natalia Puga |
-
'Puta, porca, burra', a violencia machista nunca empeza por unha paliza
Por Redacción |
-
Un acordo previo ao Pleno permite aprobar por unanimidade unha declaración institucional polo 25-N
Por Alejandro Espiño |
-
O estamento xudicial de Marín, Premio Lazo Violeta pola súa loita contra a violencia de xénero
Por Redacción |