O estamento xudicial de Marín, Premio Lazo Violeta pola súa loita contra a violencia de xénero
Por Redacción
Marín homenaxeará ao estamento xudicial do municipio o próximo 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así o determinou o Consello Municipal da Muller, que ve nel a mellor elección para protagonizar a quinta edición dos Premios Lazo Violeta, que se convoca anualmente o goberno municipal.
En concreto, este premio personalízase en Daniel Tomás López, xuíz decano do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2; Rosario Rodríguez López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución numero 1; os fiscais Juan Ignacio Sáiz Martín e Mónica García García; ou os secretarios xudiciais Patricia López Cousillas e Alejandro Manuel Rová Fraga.
Ademais, recibirán unha distinción especial os avogados e avogadas do partido xudicial de Marín do Colexio de Avogados de Pontevedra.
Este galardón foi concedido polo seu destacado e notorio labor en favor da igualdade entre homes e mulleres e pola súa loita no cumprimento da legalidade en materia de violencia de xénero.
Relacionadas:
-
Entrega de chaveiros en Marín contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Aumentan en Poio as ordes de protección a vítimas de maltrato e os casos en mulleres maiores de 65 anos
Por Redacción |
-
O Día contra a Violencia de Xénero tendrá en Marín un recordo especial para Isabel Pérez e Mónica Lorenzo
Por Redacción |