Alianza Social Galega alza a súa voz en Pontevedra contra a "lei mordaza" aprobada polo Goberno
Por Redacción
Medio centenar de persoas concentráronse este xoves diante da sede provincial do Partido Popular en Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro. Responderon á chamada de Alianza Social Galega, un colectivo que optou por mobilizarse para mostrar o seu rexeitamento frontal á reforma do Código Penal e á nova lei de seguridade cidadá coa que, denuncian, o Goberno busca "converter o conflito social nun problema de orde público".
Cualificada como a "lei mordaza", os representantes de Alianza Social Galega concentráronse en silencio ante a sede popular, custodiados permanentemente por efectivos policiais, para esixir a retirada desta ley.
Este colectivo, formado entre outros por entidades sociais, sindicatos e partidos políticos, entende que este cambio normativo é un "paso atrás nos dereitos máis básicos dos cidadáns", xa que criminalizar a protesta social, as liberdades públicas e as vías de participación democrática. Sitúanos en moitos aspectos na época do franquismo, sinalan os seus voceiros.
Alianza Social Galega asegura que esta nova lei é un "golpe de estado encuberto" e que ten como obxecto reprimir a "contestación social" ante actuacións "inxustas" do Goberno.
Relacionadas:
-
Escaso apoio cidadán á manifestación pontevedresa contra a Lei Mordaza
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A Plataforma local das Marchas da Dignidade organiza unha manifestación o 6 de novembro
Por Redacción |
-
A Alianza Social Galega maniféstase por Pontevedra para pedir outras solucións á crise
Por Redacción |