Denegan a instalación dunha gasolineira en Otero Pedrayo
Por Redacción
A comisión de urbanismo do Concello de Pontevedra informou negativamente a posibilidade de instalar unha gasolineira no lavado de coches da rúa Otero Pedrayo, nas proximidades de Ponte do Couto.
A empresa Carburantes Monterrey presentou unha solicitude de información urbanística para sondar a posibilidade deste cambio de negocio. En concreto eliminaría dous dos boxes de lavado dos que dispón na actualidade para habilitar dous surtidores de repostaxe de gasóleo e gasolina.
Segundo informou o concelleiro de urbanismo, Antón Louro, a instalación dunha gasolineira nesta localización é "incompatible co chan urbano".