Os viños escumosos de Rías Baixas contarán con marca e nome comercial propio no Nadal
Por Redacción
Ter unha proposta de nome propio e imaxe de marca para a campaña do Nadal. ÿ o obxectivo que se marcan a Deputación de Pontevedra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Así se trasladou aos medios trala primeira reunión do xurado do concurso de ideas para crear a marca do albariño escumoso, que deberá avaliar as 126 propostas recibidas para, en próximos días, elexir ao gañador do concurso.
Desde o xurado, integrado por profesores da Universidade de Vigo e técnicos do Consello Regulador e da propia Deputación, aseguran estar "impresionados" polo elevado número de propostas recibidas. Agora deberán estudar cal é a máis axeitada para a comercialización destes viños escumosos de Rías Baixas.
Hai propostas chegadas de diferentes puntos de España, polo que o presidente da Deputación, Rafael Louzán, amosouse confiado en que "acertemos cun nome que identifique claramente este produto e que sexa moi comercial", dado que se trata dun produto que, pese ao seu curto percorrido no mercado, "está tendo xa unha extraordinaria aceptación no mercado" tanto en España como no estranxeiro.
"Poñerlle un nome propio identificarao como un produto de calidade" e permite abrir unha nova porta para "colocar unha parte importante da colleita de cada ano", destacou Louzán.
A proposta elixida por este xurado terá que ser validada posteriormente pola asemblea do Consello Regulador, que será a que teña a última palabra á hora de decidir a marca e imaxe coa que se vai a comercializar este produto.
Relacionadas:
-
16 'Masters of wine' gaban as calidades dos viños da D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
Rías Baixas exporta menos cantidade de viño pero a un prezo máis caro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Nin champagne, nin cava, os escumosos de Rías Baixas buscan un nome propio
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan un concurso de ideas para deseñar unha imaxe que identifique os viños escumosos Rías Baixas
Por Redacción |