O TSXG revisará a sentenza contra o mozo do Grove acusado de matar o irmán da súa moza
Por Redacción
Alberto Sequenza foi condenado o pasado mes de xuño a 13 anos e medio de prisión. Un xurado popular encontroulle culpable de homicidio. Todos os seus membros, por unanimidade, consideraron responsable da morte do irmán da súa noiva. Rematou coa súa vida tras cravarlle unha navalla no garaxe da casa dos seus avós, no Grove. Pero non está conforme con esta sentenza e presentou un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Esta vista de apelación celebrarase na Sala do Civil e Penal do TSXG este martes 28 de outubro, a partir das 10.00 horas. O mozo alega que a morte se produciu mentres trataba de defenderse dunha agresión.
Na sentenza inicial, o tribunal recoñeceu o mozo como autor criminalmente responsable dun delito de homicidio con agravante de superioridade. Declara como probado que os feitos aconteceron na tarde do 28 de abril de 2012, cando, tras iniciar unha discusión por teléfono, Alberto Sequenza (que entón tiña 18 anos recén cumpridos) e David Barreiro Miguez se citaron no garaxe da vivenda da avoa do condenado en Lordelo para enfrontarse.
Nada máis encontrarse alí, sobre as 18.00 horas, iniciaron unha pelexa na que durante breves minutos se agrediron mutuamente coas mans, ata que Alberto Sequenza sacou unha navalla de 11 centímetros que cravou no seu costado esquerdo e lle alcanzou o corazón, o que produciu a morte case inmediata. Actuou, segundo a sentenza, con intención de causar a morte do irmán da súa noiva ou sen importarche que iso sucedese.
Ademais da pena de prisión, a Audiencia de Pontevedra impúxolle unha indemnización de 25.000 euros para a irmá da vítima e de 75.000 euros para cada un dos pais. Paralelamente, o auto fixou que o condenado se fixese cargo dos gastos do enterro e funeral da vítima, así como do custo da súa asistencia médica e a asistencia e autopsia da vítima, diñeiro este último a ingresar o Sergas.
Relacionadas:
-
Desestiman o recurso presentado polo mozo do Grove que matou o irmán da súa moza
Por Oskar Viéitez |
-
Condenado a trece anos e medio de cadea por matar o irmán da súa noiva no Grove
Por Natalia Puga |
-
O acusado de matar o irmán da súa noiva, culpable de homicidio por unanimidade do xurado
Por Natalia Puga |
-
"Te odio. No me hables en tu vida. Mataste a mi hermano"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O acusado de matar o irmán da súa noiva no Grove recoñece que o acoitelou, pero foi "para defenderse"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |