O narco que apelou á xustiza universal sentarase no banco da Audiencia o próximo martes
Por Redacción
O acusado Antonio Cruz V.S., cidadán colombiano residente en España, sentarase no banco dos acusados o próximo martes 21 para facer fronte xunto a outros dous imputados a un xuízo como presuntos autores dun delito contra a saúde pública en cantidade de notoria importancia e simulando operacións de comercio internacional entre empresas, despois de que a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra negase a posibilidade de que se acollese á xustiza universal para evitar ser xulgado en España.
Tratábase da primeira vez que un acusado por narcotráfico apelaba á xustiza universal para intentar evitar os tribunais españois.
O fiscal pide para cada un dos tres acusados once anos de prisión e o pagamento dunha multa de 1.800.000 euros. Acúsaselles de ter importado cocaína dende Sudamérica utilizando sociedades mercantís. En outubro de 2010, as autoridades de Ecuador aprehendían no seu territorio un colector cargado de pescada con 472 quilos de cocaína, que tiñan como destino un dos acusados. En abril de 2011, a policía xudicial portuguesa incautábase de case 56 quilos de cocaína ocultos nun cargamento de piña, que presuntamente irían destinados aos tres imputados.
O acusado de orixe colombiana e que solicitara a xustiza universal segue en prisión provisional polos feitos que se lle imputan mentres que os outros dous procesados se encontran en liberdade provisional.
Relacionadas:
-
O narco que apelou á xustiza universal para non ser xulgado en España recoñécese culpable
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía pide que se investigue a un dos avogados nun xuízo por narcotráfico por obstrucción á Xustiza
Por Oskar Viéitez |
-
A Audiencia de Pontevedra nega a xustiza universal a un narco que pretendía librarse de ser xulgado en España
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra afronta o primeiro caso dun narco que apela á xustiza universal para non ser xulgado en España
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Piden 33 anos de prisión para os tres acusados de introducir 56 quilos de cocaína en latas de piña
Por Redacción |