Acondicionan os accesos á praia de Carabuxeira, danados tralos temporais do inverno
Por Redacción
O acceso á praia de Carabuxeira xa está acondicionado. O Concello de Sanxenxo confirmou este mércores que estes traballos, obrigados polos estragos que causaron no areal os temporais do pasado inverno, concluíron.
Esta actuación, xestionada polo goberno local ante as administracións competentes, "era moi necesaria para garantir o acceso futuro ao areal por parte dos usuarios con total seguridade", comentou o edil de Medio Ambiente, José Luis Rodríguez, quen apelou á urxencia de acometer estas obras antes de que as condicións meteorolóxicas "incrementasen o deterioro desta infraestrutura".
As tarefas levadas a cabo levaron consigo o encofrado e o enchido con 7,5 metros cúbicos de formigón do oco existente baixo as escaleiras e a construción dun murete paralelo "evitando así que permanezan no aire", segundo o edil.
As obras non supuxeron custo ningún para o Concello de Sanxenxo, xa que foi a Deputación de Pontevedra quen realizou estes labores.
Relacionadas:
-
Sanxenxo logra mellores condicións de crédito financeiro para rexenerar a praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo investirá máis dun millón de euros en rexenerar a praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Sanxenxo cuantifica en 123.000 euros os danos causados polos temporais en 18 praias
Por Redacción |