A LOMCE aboca ao peche ao Banco de Libros de Texto
Por Redacción
O Banco de Libros de Texto posto en marcha polo Concello de Pontevedra vese abocado ao peche de cara ao vindeiro curso académico debido ao desenvolvmento da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), posta en marcha este ano.
A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, explicou este xoves que a normativa obriga a comprar todos os manuais de todos os cursos da ensinanza obrigatoria. Este curso algúns colexios xa cambiaron os libros para adaptarse á LOMCE, pero a maioría dos de Pontevedra optaron por intentar aprobar os de anos anteriores, de modo que o próximo ano será maioritario o cambio.
O Banco de Libros atendeu 1.506 peticións de materiais e entregáronse ás familias 6.494 libros
Así as cousas, Fouces mantén que son unha excepción os centros que este ano xa cambiaron os libros e, polo tanto, moi poucos os que o ano que ven poidan facer uso do Banco de Libros. Non repiten textos dun curso para o seguinte, de modo que non terá sentido o intercambio de manuais.
A concelleira sostén que "non se vai poder dar resposta" ás persoas que acudan ao banco a buscar material e ao servizo municipal xeraralle "unha frustación", de ahí que decidiran non poñelo en marcha. "Non podemos crear espectativas ás que non imos dar resposta", sinalou.
Durante o presente curso, o Banco de Libros atendeu 1.506 peticións de materiais e entregáronse ás familias 6.494 libros, isto é, un 40% máis dos 4.615 do curso anterior. A maioría (3.940) foron destinados a alumnos de Secundaria, pero tamén houbo 2.327 en Primaria e 227 en Bacharelato. Neste último nivel aumentaron un 7% os libros entregados con respecto ao curso pasado.
A práctica totalidade foron destinados a familias pontevedresas, pero, debido ao excedente de material, houbo 30 doutros municipios que recolleron 143 libros. "Algúns viñeron ata de Santiago", explicou a concelleira.
Dándolle un valor de mercado de 25 euros aos libros de primaria, de 35 euros aos de secundaria e de 40 euros aos de bacharelato, o Banco de Libros logrou que as familias aforraran 205.155 euros.
Relacionadas:
-
A continuidade do banco de libros de texto, supeditada á sinatura dun convenio coa Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
Rodríguez Teso (PP): "Las políticas sociales no parecen ser una prioridad del Gobierno local"
Por Natalia Puga |
-
O Concello téndelle a man á Fanpa para valorar se hai algunha posibilidade de manter o Banco de Libros
Por Oskar Viéitez |
-
A FANPA expresa a súa disconformidade sobre o peche do banco de libros municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Comezan a repartir os manuais de Primaria depositados no Banco de Libros de Texto
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Arranca unha nova edición do Banco de libros de texto
Por Oskar Viéitez |