Críticas do PP ao "desleixo de Lores" por non acudir ao Consello de Administración do Porto
Por Redacción
A viaxe que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, realizou esta semana a Torrevieja (Alicante) para participar nunhas xornadas organizadas pola Dirección Xeral de Tráfico, provocou as críticas do Partido Popular.
O seu voceiro, Jacobo Moreira, criticou nun comunicado que a causa desta viaxe o rexedor non acudiu ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria, convocado para tratar a recente resolución xudicial contra os recheos do Porto.
Para o PP isto supón un "desleixo de funcións e un desprezo aos intereses de Pontevedra no Porto", ao que engade "supón unha irresponsabilidade fuxir do seu cargo de conselleiro do Porto cando se está a xogar o seu futuro económico"
Moreira defende no citado comunicado que "o máis correcto é que Lores deixe ese cargo en mans dalgún dos concelleiros do grupo de goberno", e fai referencia ademais á carta que o alcalde enviou ao Porto para forzar un debate sobre a construción do demandado Porto Seco.