Lores exhibe as receitas para lograr menos accidentes nas vías urbanas
Por Redacción
O alcalde espuxo este xoves o modelo de mobilidade pontevedrés ante un público composto por persoas procedentes de todo o Estado, dedicadas ao deseño e control dos desprazamentos urbanos. Foi convidado pola DGT a participar, coas cidades de Córdoba, Ávila, Barcelona, Oviedo, Benidorm e a Universidade de Alacante.
"Deixar que as persoas recuperen o espazo que os coches lle arrebataron hai poucas décadas" foi a idea forza coa que Miguel Fernández Lores introduxo a súa intervención no Teatro Municipal de Torrevieja (Alicante), convencido de que a mellor maneira de eliminar os riscos provocados polos coches é "mitigar o seu uso nos entornos urbanos".
Como é habitual nestes foros, Pontevedra suscitou numerosas loubanzas polo modelo de base peonil, xa que sempre mostra un modelo global, que afecta a toda a cidade, e "sen complicacións tecnolóxicas nen costosísimos plans técnicos".
Outras presentacións, como a dos concellos de Ávila ou Barcelona, centráronse, a diferencia de Pontevedra, en facer recaer nos peóns moita parte da responsabilidade da alta sinistralidade que se rexistra nas cidades, dato do que pola mañá alertaba a directora xeral de Tráfico, María Seguí. O Xefe da Policía Local de Ávila espuxo o seu Observatorio da Seguridade Viaria, un órgano consultivo que se dedica a estudar as circunstancias dos accidentes de tráfico.
Oviedo presentou un modelo semellante ao de Pontevedra aínda que non chegamos a ese gran nivel de peonalización, a decir do seu representante. Tampouco é o mesmo en canto ao calmado do tráfico, pois teñen implantada a limitación a 30 nas vías cunha soa dirección dentro do espazo interrondas, onde tampouco teñen carril bici. No resto das vías, deixan como zona 30 o carril da dereita polo que o fai compatible coas bicis.
O representante da Universidade de Valencia presentou unha ponencia na que reforzou a idea que só reducindo o número de coches pode conseguirse mellores índices de accesibilidade, xa que por exemplo as beirarrúas, que impiden unha boa accesibilidade, nacen como mecanismo de defensa que os peóns precisan sobre os automóbiles.
Relacionadas:
-
Pontevedra, invitada a participar en Veracruz (México) no II Foro Iberoamericano de Cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra 'venderá' o seu modelo de cidade en Madrid, Porto, Bilbao e Alacante
Por Alejandro Espiño |
-
María Seguí, directora da DGT, visitará Pontevedra en febreiro para coñecer o modelo de cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Críticas do PP ao "desleixo de Lores" por non acudir ao Consello de Administración do Porto
Por Redacción |
-
A DGT mira cara Pontevedra para regular a mobilidade peonil e ciclista no seu novo código
Por Alejandro Espiño |
-
A directora da DXT, María Seguí, cita o modelo pontevedrés coma exemplo de cidade segura e sustentable
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera impulsa un observatorio que recolla datos de mobilidade, contaminación e biodiversidade
Por Redacción |