Comprar nos comercios de Pontevedra terá premio durante os próximos dez días
Por Redacción
As compras na túa vila teñen premio. ÿ o nome que recibe a campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas que chega esta semana a Pontevedra. Organizada pola Federación Galega de Comercio, trátase dunha iniciativa que se desenrolará ata o próximo 26 de setembro. Premiará con 4.000 euros a confianza no pequeno comercio da cidade, sorteándose cinco tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.
Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Pontevedra poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza de España ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, que lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres 26 de setembro.
O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores. Será dentro dunha festa final de campaña que contará con numerosas actuacións para nenos e adultos.
Na presentación desta campaña, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, destacou o éxito desta iniciativa que cumpre xa cinco anos e que percorreu más de 50 vilas e cidades galegas. Busca, dixo, "incrementar as vendas ofrecendo aos clientes algo máis" e apostar polo comercio de proximidade, "o que enriquece aos veciños". Neste sentido, sinalou que Pontevedra "conta con todos os requisitos" para o éxito deste tipo de establecementos.
Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, asegurou que apostar por este tipo de comercio "forma parte también del modelo de ciudad" e recordou que nos últimos anos se puxeron en marcha numerosas iniciativas para incentivar aos cidadáns de Pontevedra a que consuman nos pequenos establecementos. Celebrou ademais a colaboración entre institucións nestes "momentos difíciles" para o consumo.
Esta iniciativa, apoiada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, a concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e Abanca, conta tamén co respaldo das principais asociacións de comerciantes da cidade, AEMPE e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Relacionadas:
-
Despregue policial para dar seguridade a comercios en Nadal
Por Redacción |
-
Pontevedra pecha a campaña "As compras na túa vila teñen premio" sorteando 4.000 euros en premios
Por Redacción |
-
O comercio pontevedrés espera facturar máis de 47 millóns de euros nas rebaixas
Por Redacción |
-
O CCU celebra o seu 25 aniversario cun "Venres Monumental" de compras, animación e desfile
Por Natalia Puga |