O CCU celebra o seu 25 aniversario cun "Venres Monumental" de compras, animación e desfile
Por Natalia Puga
Novo logo e un completo programa de actividades que a partir deste venres 13 de xuño dinamizará o casco histórico e a súa actividade social, económica e cultural. ÿ a proposta coa que o Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental conmemorará o seu 25 aniversario, que terá como dous eventos centrais un "Venres Monumental" de compras e animación e un "Finde Monumental" de actividades ao aire libre na praza do Teucro.
O 13 de xuño "Venres Monumental" ofrecerá aos clientes unha "tarde de compras diferente" na que os comercios adheridos á actividade ampliarán o seu horario ata as 22.00 horas e entre as 18.00 horas e o momento do peche ofrecerán decuentos, promocións e degustación de produtos. Estarán diferenciados cun distintivo colocado na porta.
Todas as persoas que realicen compras nos establecementos participantes recibirán vales que se poderán cambiar por regalos nun posto instalado na fachada da Praza de Abastos e, a maiores, poderán retirar dunha urna papeletas entre as que haberá dúas entradas para o partido da fase de ascenso entre o Pontevedra Club de Fútbol e Club Deportivo Puertollano.
O venres 13 de xuño haberá descontos, promocións e o sorteo de dúas entradas para o partido Pontevedra-Puertollano
A programación do venres completásese cun "Espazo Artesanal" ante o mercado en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e tarde (de 18.00 a 22.00 horas) no que haberá exhibicións de cesteiros, canteiros, torneiros, traxes tradicionais, coiro, esponxas vexetais, instrumentos musicais e filloas, entre outras ofertas. Ao longo da tarde tamén haberá animación polas rúas e prazas e repartición de globos para nenos.
Ernesto Filgueira, presidente durante os seus primeiros 19 anos; e o responsable actual do colectivo, Miguel Lago, presentaron este martes os actos deste 25 aniversario coa esperanza de "poder celebrar otros 25 años más" e agradecementos para os que fixeron posible o primeiro cuarto de século do CCU.
Os festexos deste 25 aniversario terán continuidade nos próximos meses, pero tamén ao longo deste mesmo fin de semana. O sábado día 14 haberá unha actividade na praza do Teucro organizada pola empresa Marexada. O seu responsable, Benito Pastoriza, explicou que se propón unha actividade que busca colaborar coa protectora de animais ' Os Palleiros', fomentar as compras e difundir as actividades deportivas e de desfrute do tempo libre.
Entre as 18.00 e as 21.00 horas, esta iniciativa que se bautizou "Finde Monumental" ofrecerá actividades como un rocódromo, un espectácuo de maxia do mago Mario, animación, xogos, talleres e inchables.
Relacionadas:
-
Comprar nos comercios de Pontevedra terá premio durante os próximos dez días
Por Redacción |
-
Bailando na Zona Monumental a ritmo de cha-cha-chá
Por Mónica Patxot |
-
Un cha-cha-chá colectivo polos 25 anos de Zona Monumental
Por Redacción |
-
Os escolares cambian os libros polos inchables na Zona Monumental
Por Redacción |
-
O "Venres Monumental" anima o centro histórico
Por Redacción |
-
A Xunta felicita ao Centro Comercial Urbano de Pontevedra polo seu 25 aniversario
Por Redacción |
-
A Praza de Abastos súmase ás 'vodas de prata' de Zona Monumental e abrirá este venres pola tarde
Por Redacción |