O Concello pide un crédito de 2,9 millóns de euros
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ponteveda asinou unha operación de crédito co Banco Sabadell Gallego por 2.950.000 euros.
O director xeral desta entidade crediticia, Pablo Junceda Moreno, acudiu ao concello para pechar esta importante operación financeira co alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores que explicou que o Sabadell Gallego fixo a "mellor oferta económica" entre todas as entidades interesadas nesta adxudicación.
En concreto ofreceron un interese do Euribor máis 1,52% e un interese de saída de 1,729, con data de remate fixada no 30 de xuño do ano 2026.
Este crédito estará destinado ao financiamento de obras incluídas nos presupostos de 2014, entre elas figuran obras no rural (por 100.000 euros), mellora de accesibilidade no rural (600.000 euros), mellora de accesibilidade en urbana (300.000 euros), iluminación pública na zona urbana (150.000 euros), rehabilitación integral de rúas (450.000 euros), edificios e outras construcións municipais (300.000 euros), convenio con Acuaes para o abastecemento de auga (600.000 euros) e casas de cultura (300.000 euros).
O alcalde mostrouse satisfeito por establecer esta nova relación con este grupo bancario interesado en integrarse no municipio de Pontevedra, onde ten tres oficinas. Proba deste interese é a intención expresada polos responsables do banco de colaborar en actividades culturais e deportivas.
"No queremos ser un banco que financia y se queda ahí, queremos dar un paso más y en la medida que Sabadell Gallego pueda apoyar otras inciativas que se desarrollan con éxito en esta ciudad", dixo Pablo Junceda, "queremos estar muy cerca de la vida de los ciudadanos en la medida que vosotros nos dejeis", angadiu.
O saldo de investimento na provincia de Pontevedra do Sabadell Gallego ata o pasado mes de agosto é de 384,6 millóns de euros, dos que 306,5 son de investimento a empresas e 78,1 a particulares. O crecemento do saldo en investimento no último ano (de agosto de 2014 a agosto de 2013 foi dun 4,3% o que supón un importe de 16 millóns de euros).
"Pontevedra é a segunda capital de provincia que ten menos débeda en todo o Estado"
O director xeral do Banco Sabadell Gallego reiterou a súa convicción de que Galicia será unha das comunidades en saír con maior rapidez da crise, "lo tenemos muy claro", dixo.
Pablo Junceda fixo referencia a "los grandes sectores en los que nos estamos volcando" como o naval, o conserveiro ou o turismo donde "estamos viendo que las cosas empiezan a ir bien, muy muy rápido". Esa dixo "es la razón lo la que los grandes grupos bancarios estamos apostando por Galicia con fuerza".
"La economía gallega va a tener mucho que decir en los próximos años y va a ir cogiendo una cuota cada vez más importante en el panorama de la economía española", asegurou o director xeral do Banco Sabadell Gallego, un prognóstico que "cada día que pasa lo vamos constatando".
DÿBEDA MUNICIPAL
Fernández Lores destacou a boa situación financeira do Concello de Pontevedra "a pesar dos agoreros, Pontevedra é a segunda capital de provincia que ten menos débeda en todo o Estado, o primeiro é Bilbao que ten unha débeda menor que a nosa".
A débeda vida do municipio sitúase por debaixo do 30%. Este ano amortizarase máis dun millón de euros con fondos procedentes do superávit atendendo á normativa legal.