Madrugada atafegada para evitar que a rotura dunha canalización afectase á praia de Loira
Por Redacción
Unha avaría na rede de saneamento en Loira obrigou a empregarse a fondo ás brigadas municipais de augas e obras de Marín.
Os empregados municipais traballaron durante toda a madrugada para arranxar unha canalización rota, pasando a estación de bombeo de Loira, e evitar así que se producisen danos na desembocadura do río, no areal da parroquia marinense.
As obras iniciáronse na tarde noite do xoves e prolongáronse ata as 5:00 horas da madrugada do venres. A avaría afectaba directamente á canalización de impulsión, que quedou totalmente reparada.