Tres detidos por roubar en dez coches aparcados en accesos ás praias de Poio e Sanxenxo
Por Redacción
A Garda Civil detivo a dous veciños de Pontevedra e un de Marín como presuntos autores de polo menos dez roubos no interior de vehículos estacionados nas inmediacións de distintas praias de Poio e Sanxenxo rexistrados nos últimos días.
Os investigadores seguen traballando e non se descarta que se impute aos tres detidos máis roubos deste tipo. Se trata do veciño de Marín JJ.S.S., de 39 anos, e os veciños de Pontevedra R.L.V., de 43, e J.S.D., de 42, todos con antecedentes policiais.
Segundo informou a Garda Civil, serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra. A súa detención foi resultado das investigacións realizadas por axentes do posto do instituto armado en Pontevedra no marco da Operación Verán.
No momento da detención circulaban nun vehículo Citroën Xantia por unha estrada de Poio. No interior deste interviñéronse diversos efectos que supostamente foron subtraídos en distintos roubos e, cando foron trasladados á Comandancia, as dilixencias realizadas permitiron relacionalos con dez delitos de roubo en interior de vehículos.