Toda a Ría de Pontevedra, pechada pola marea vermella
Por Redacción
Tan só oito dos 55 polígonos de bateas existentes nas rías galegas permanecen abertos á extracción este xoves 21 de agosto debido á virulencia da marea vermella. Deles, dous están na Ría de Arousa e ningún na de Pontevedra, que está pechada por completo á actividade marisqueira.
O último informe de estado do Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) mantén a prohibición da extracción de moluscos por presenza de toxina en todos os polígonos de bateas galegos agás os dous de Ares-Betanzos, catro dos de Redondela e un no Grove e Cambados. Nestes dous últimos da ría arousana, a actividade estractiva céntrase na ostra e non no mexillón.
No caso da Ría de Pontevedra, non só están pechados á extracción os oito polígonos de bateas, senón que, ademais, está prohibida a actividade nas cinco zonas de mariqueo dedicadas aos moluscos infaunais. A marea vermella mantiña pechada toda a Ría para a extracción de mexillón dende o 13 de agosto e ampliouse a este peche total mantense o mércores, cando se prohibiu a actividade vinulada á navalla e ao 'longueirón' na zona dous da Ría.
A conselleira de Mar, Rosa Quintana, recoñeceu ete mércores en declaracións aos medios de comunicación en Lugo que a situación da marea vermella é "complicada", pero insiste en que consumir marisco comercializado por canle legal é seguro, pois seguen abertos aínda polígonos nos que se pode extraer molusco e é o que chega ao mercado.
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentará unha serie de iniciativas no Parlamento nas que se insta á Xunta de Galicia a crear un grupo de investigación para determinas as causas que están a influír e provoca a prolongación e intensificación dos episodios de marea vermella en e que aseguran que "están levando a unha situación dramática os millares de traballadores" deste sector.
O deputado vilagarciano de AGE Juan Manuel Fajardo destaca a necesidade urxente de levar a cabo este traballo de investigación para "evitar a morte económica" de milles de familias gallegas, para o cal insta ao Goberno galego a destinar dos recursos que sexa preciso a creación e posta en marcha deste grupo de traballo.