O luns reunirase a comisión de seguimento do ERE de extinción na fábrica de TAFISA
Por Redacción
Este luns día 28 de xullo está programada a primeira xuntanza da comisión de seguimento de aplicación do ERE de extinción na fábrica de TAFISA en Ponte Caldelas, segundo o acordo acadado e aprobado na negociación do expediente de extinción para toda a plantilla.
Nesta xuntanza se analizarán os acordos asinados e unha valoración da grado de aplicación dos mesmos. Á reunión asistirá por parte da empresa Angel Luis Robledano Ortega, director de recursos humanos e asuntos legais en Sonae Industria - Tafisa.
Segundo informan dende o comité de empresa se lle dará traslado das discrepancias que existen na actualidade en referencia á continuación da produción en Ponte Caldelas, "esixindo razoamentos e explicacións desta situación así como o remate da mesma".
Por outra banda se lle plantexará a posible reanudación da produción por outros empresarios na nave e as ofertas recibidas, contactos recollidos desde as administracións e situación real a este respecto.
A xuntanza está prevista ás 12:30 horas do luns na sede da Unión Comarcal de UXT en Pontevedra, na rúa Pasantería.