Fóra Touradas de Pontevedra solicita á Deputación que informe sobre o financiamento público ás corridas
Por Oskar Viéitez
Representantes do colectivo antitaurino Fóra Touradas de Pontevedra presentaron este mércores no rexistro da Deputación de Pontevedra un escrito no que solicitan ao presidente da institución provincial que informe sobre o financiamento público ás touradas.
Os integrantes desta plataforma cidadá apelan ao "deber de transparencia", para que a Deputación dea conta das axudas ou subvencións, "directas ou indirectas", que concede para as touradas, ou para calquera tipo de actividades relacionadas con estas", precisaron estes voceiros "incluíndo as realizadas pola Coordinadora de Peñas".
Anxo Torres, voceiro de Fóra Touradas de Pontevedra, explicou que unha vez que soliciten esa información decidirán que facer con ela.
O pasado 2 de xullo este colectivo dirixiuse ao concello capitalino para solicitar que Pontevedra sexa declarada como cidade antitaurina e amiga dos animais. Para iso requiriron expresamente a implicación do goberno local para erradicar as touradas da cidade.
Para o próximo día 9 de agosto este colectivo abolicionista convocou unha manifestación que partirá ás 20.00 horas da praza da Peregrina. Antes, o próximo sábado día 2 ás 11:30 horas, participarán na cadea humana que convoca Igualdade Animal para rodear a praza de touros de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Rodean a praza de touros cunha cadea humana para esixir a abolición da tauromaquia
Por Redacción |
-
Unha cadea humana e unha manifestación contra as touradas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Abolicionistas advirten do descenso de asistencia ás touradas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Louzán: "Antes de prohibir os touros hai outra vía que é dialogar"
Por Oskar Viéitez |