CC.OO. alerta de que Correos podería perder 400 carteiros na provincia e "40 ou 45" en Pontevedra
Por Diego Espiño
O servizo de Correos está en perigo en centos de localidades "pola desidia do Goberno", segundo a denuncia de Comisións Obreiras.
O sindicato plantexou a situación da empresa pública, que sofre "o maior axuste dá súa historia" e que pode derivar, segundo o responsable de CC.OO. na provincia Eusebio Cousillas, na desaparición de ata 400 carteiros a nivel provincial nos próximos anos.
Estes datos só na cidade de Lérez serían de "40 ou 45 profesionais" e en Vigo de preto de 100, unha redución realizada a través da supresión dos contratos eventuais e deixar sen cubrir as vacantes orixinadas por xubilacións.
Nos últimos tres anos, segundo o sindicato, esta política provocou que o persoal na cidade de Pontevedra se reducise en 18 traballadores, 200 en toda a provincia.
Esta situación, unida á paralización na negociación do convenio colectivo levou a CC.OO. a ameazar con mobilizacións a nivel estatal a partir do próximo outubro: "no caso de que non se tomen medidas anunciamos un outono quente" con manifestacións, peches e folgas, segundo anunciou Cousillas.
A solución pasaría por manter e asegurar a achega do Estado para prestar o servizo público que ten asignado en zonas rurais e deficitarias, pero tamén por parar dende o Goberno a presión que están a exercer, aseguran, empresas internacionais de paquetería para "acabar con Correos".
Eusebio Cousillas recordou ademais que tanto o sindicato coma os traballadores "sempre defendemos a diversificación. Correos ten que tender a outras alternativas como a paquetería ou compras online" para paliar o déficit xerado polo descenso da correspondencia básica.
Relacionadas:
-
A reducción de persoal en Correos provoca unha reacción sindical con protestas na rúa
Por Redacción |
-
A Marea Postal molla Pontevedra cunha concentración de traballadores de Correos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
CGT defende os traballadores de Correos en Pontevedra ante as críticas polos tempos de espera
Por Redacción |