CGT defende os traballadores de Correos en Pontevedra ante as críticas polos tempos de espera
Por Redacción
Os tempos de espera que soportan os usuarios da oficina principal de Correos en Pontevedra provocou a queixa dos usuarios.
Segundo o sindicato CGT en moitas ocasións esta espera supera os 20 minutos, polo que saíu ao paso das críticas para defender o papel dos traballadores.
CGT entiente que é unha "inxustiza" centrar as queixas nos empleados e fixa a causa nos recortes que o equipo sufriu nos últimos anos.
O sindicato asegura que o persoal de Pontevedra minguou considerablemente "por falta de cobertura das xubilacións e desprazamentos de traballadores a outras sucursais", o que se agrava nos períodos de vacacións ao non se producir "contratación suficiente nin ser ésta a tempo completo senón a tempo parcial, o que deixa desatendidas determinadas franxas horarias".
Esta situación enmárcase nun descenso xeral do plantel de Correos en todo o Estado, cun descenso, só en 2013, de "3.014 postos de traballo" segundo a representación laboral.