A Marea Postal molla Pontevedra cunha concentración de traballadores de Correos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Os sindicatos CC.OO., CSI-F e SL convocaron unha concentración ante a Subdelegación do Goberno este xoves 13 para protestar contra os recortes que a empresa de Correos quere aplicar durante a negociación do convenio colectivo que se está a negociar.
A representante sindical, Isabel Mouriño, indicaba que levan anos realizando sacrificios e non se cobren as baixas nin as xubilacións durante os últimos anos. Correos propuxo o 27 de outubro na negociación do convenio colectivo a eliminación de 14.000 postos de traballo ao longo dos próximos cinco anos en toda España. Un aspecto que rexeitan os sindicatos convocantes da denominada marea postal que protagonizan estas protestas.
Mouriño indicou que na provincia se perderon 400 empregos de Correos nos últimos tres anos, dos que un 30% se corresponden coa cidade de Pontevedra. "Estanse eliminando carterías rurais e ou que pretendemos é que se contrate cando haxa vacacións, enfermidade ou ou que sexa, e que non nos carguen tanto de traballo. Estamos un pouco agobiados", indicou a representante dos traballadores que recorda que os recortes de persoal afectan tanto ao ámbito rural coma ao urbano provocando unha perda de calidade no servizo.
Os sindicatos reclaman melloras salariais cunha cantidade fixa durante todos os meses e unha paga única que poida compensar as perdas. Actualmente, Correos conta cun millar de traballadores na provincia.